Un tren parte de Vigo con 134 pasaxeiros entre homes, mulleres e nenos. Detense en varias estacións; cada vez que para, baixan dous homes e unha muller e soben catro nenos.

Ao chegar ao final do percorrido, hai en total 143 pasaxeiros, sendo o número de nenos unha vez e media o número de homes, e o número de mulleres a metade do número de nenos.

¿Cantos homes, mulleres e nenos había no tren cando partiu de Vigo?

 

 

<Solución: https://goo.gl/rdky58>