CONTOS EN FAMILIA
Aos nenos/as encántanlles os contos, sobre todo os contados polas persoas que máis queren.
Este ano, as mamás e os papás non puideron achegarse á escola para contarnos un conto, pero non por iso deixaron de facelo.
Dende a Biblioteca queremos agradecer a todas as familias que se animaron a gravarse en vídeo para poder compartir un rato cós máis cativos.
Aquí vos deixamos algúns dos contos. Pouco a pouco iremos facendo máis grande a colección.
MILLÓNS DE GRAZAS!!