CONTACONTOS
Na biblioteca do colexio celebramos unha actividade especial con motivo do Samáin. A profe Valeria, coa súa maxia de contacontos, encheu o espazo de historias misteriosas e cheas de imaxinación. Foi unha xornada na que o alumnado puido gozar da lectura, da fantasía e do espírito desta festividade tan nosa.

