24 de outubro: Día da Biblioteca Escolar

24 de outubro: Día da Biblioteca Escolar

Aprezados amigos:

Hoxe foi un día de ledicia para o equipo de biblioteca do noso cole. Desde hai dous anos, comezamos a soñar coa posibilidade de unir as dúas bibliotecas que había no cole para crear unha que puidese acoller a todos aqueles alumnos e alumnas que abrisen a súa porta, independentemente da súa idade ou o seu curso: un lugar de reunión e de conversa, de investigación e de aprendizaxe, de aprender a pensar, de aprender a aprender, de aprender a convivir. Ese día tan agardado chegou hoxe, 24 de outubro, que ademais é unha data especial, pois é o día das bibliotecas escolares.

Foron anos de esforzo, de xuntanzas, de dúbidas…pero tamén de traballo en equipo, de sorrisos e alegrías; todos arrimamos o ombreiro xa que estabamos convencidos de que a finalidade era a mellor posible, para nós e para os nosos nenos.

Saíto voltou ao cole para decirlles aos cativos onde o podían atopar nesta nova etapa: no seu curruncho preferido, a biblioteca, metido entre os libros e os contos, agardando a nosa visita. E así foi, os primeiros visitantes da nosa biblio non podían ser outros que os máis pequenos do cole. Quedaron abraiados atopando os sinais que os conducían á nova biblio e gozaron moito cos contos que lles prepararon as súas mestras.

Aquí vos deixamos una pequena mostra do resultado. Agardamos que vos guste! Vinde axiña facernos unha visita!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *