Chega o mes de marzo e con el a poesía. Esta vez propoñémoste un concurso no que podes botar a voar a túa imaxinación. Que hai que facer? Só tes que escribir un poema e pegalo no mural do Recanto da poesía. O tema é libre. Algo máis? É importante que o teu nome non se vexa, así que debes poñelo por detrás. Ata cando? Tes todo o mes de marzo para darlle á cabeza. Haberá premios para os tres mellores poemas!!! O xurado estará formado por membros do equipo da Biblioteca escolar. Anímate!! Quen sabe….Se cadra o teu poema é un dos mellores…