Navegando por
Etiqueta: Aprendizaxe e servicio

Benvidos/as!

Benvidos/as!

Outro ano máis a nosa biblioteca abre as súas portas. Estabamos desexándolo, tiñamos moitas ganas de comezar novas aventuras, da man de personaxes como Harry Potter, Carapuchiña, Kikka super bruxa, Os futbolísimos… 

Todo está listo, incluso os/as voluntarios/as. Estes son algúns dos compañeiros/as que poderán axudarvos na biblioteca se precisades axuda. Non dubidedes en acudir xunto eles, atenderán as vosas preguntas, sempre cun sorriso. 
 
Mirade que felices na foto o día que os nomeamos voluntarios. 

Esperamos a vosa visita!

Padriños lectores

Padriños lectores

Esta semana os alumnos de sexto quixeron premiar os hábitos lectores dos seus afillados de primeiro de primaria cunha nova sesión de PADRIÑOS LECTORES.
Segundo eles unha sesión 3.0, na que incluían as súas chromebooks para ler a través de audiolibros ou libros dixitais.
Sen dúbida unha sesión nova que deixou a todos os alumnos pegados á pantalla.