MES DA CIENCIA

MES DA CIENCIA

Novembro foi o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Como bos fedelleiros que somos, quixemos aproveitar o noso compañeiro de este ano (COVID) e que nos están a recordar todo o día que temos que lavar as mans tantas veces, para facer un pequeno experimento e investigar un poco que era iso dos virus e por que temos que lavar tanto as mans e ser tan coidadosos.

Por iso, plantexamos un pequeno experimento chamado o Pan Mutante. Deixámosvos o vídeo para que vexades en que consiste.

Unha vez que vimos o vídeo puxémonos mans á obra para poder levar a cabo a nosa investigación científica.

Agora só nos queda agardar para ver os resultados.

CLUB LECTOR

CLUB LECTOR

Estamos a buscar rapaces e rapazas que queiran disfrutar de novas aventuras a través dos libros.

Deixámosvos un vídeo con algunha foto do ben que o pasaron o ano pasado os nenos e nenas que participaron no CLUB LECTOR.

Animádevos a descubrir novos autores e novas historias.