Clubs de lectura

Clubs de lectura

Hoxe queremos mostrarvos algún dos grupos que participan nos clubs de lectura. Pásano xenial!

Ademais, fai un par de semanas contamos coa presenza da escritora Ledicia Costas, un dos seus libros lese no club de lectura da E. S.O.

Un libro é un agasallo que podes abrir unha e outra vez. Garrison Keillor

Día de Rosalía

Día de Rosalía

Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento.

A continuación, podedes ver algúns traballos sobre a poetisa galega, realizados polos nenos e nenas de infantil, a planta dos pensamentos era a súa preferida. #SementadePensamentos

«Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino». Rosalía de Castro

Un agasallo de vida

Un agasallo de vida

Esta semana os alumnos de 4º de ESO puideron escoitar o testemuño de membros de 700 Camisetas contra a Leucemia da Asociación FRANGIL, para sensibilizarnos e fomentar a doazón de medula ósea e sangue en Galicia e a súa campaña «Ano do Abrazo á Vida».

Libro sobre a historia da Fundación.