LETRAS GALEGAS
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das distintas actividades que levamos a cabo para celebrar o día das Letras Galegas.
Unha simpática representación teatral da obra de Carlos Casares: A laranxa máis laranxa de todas as laranxas, polos alumnos de 1º de primaria.
Un kamishibai da Galiña Azul e un taller de marcapáxinas.
Os alumnos de infantil recitamos o poema Caracol de Manuel María a alumnos de Bacharelato… Moito lles gustou!!!
Benvidos/as!
Benvidos/as a este novo pequeno recuncho da Biblioteca Escolar do CPS Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra!
Pouco a pouco iremos actualizando este espazo con actividades, novas da biblioteca, recomendacións literarias e un montón de cousas máis. Así que…non esquezades pasar por aquí de vez en cando.
Un saúdo!