CONTACONTOS NA BIBLIO
O martes disfrutamos na nosa biblio dun contacontos da man de Raquel Queizás. Deixámosvos unha mostra de canto o disfrutamos.
Namórate!
Esta semana celebramos no cole o Namórate! Unha actividade na que os/as rapaces/as tiñan a oportunidade de ter unha «cita a cegas» cun libro.
Xurdiría o amor?
Visita de Ana Alcolea
Os alumnos e alumnas de 1ºESO viviron unha oportunidade única ao compartiren uns instres do seu tempo con nada máis e nada menos que Ana Alcolea, autora de “El retrato de Carlota”. Non todos os días podemos coñecer en persoa á autora dun libro que lemos no Cole e aínda por riba que sexa tan agradable e divertida.
Ana Alcolea asinou os libros que xe leramos no primeiro trimestre en Lingua Castelá e nós, a cambio, démoslle un libro de dedicatorias e agradecementos escrito, decorado e encadernado entre os tres 1ºESO.
Que mellor modo de fomentar a lectura que poder falar directamente e persoalmente coa autora dunha obra! Agora… continuamos coas lecturas máis animados e motivados aínda!
Boas novas para os recreos!
VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ
Queridos/as amigos/as, hoxe traemos boas novas ao blog.
Como moitos xa sabedes, os alumnos de quinto de primaria estamos embarcados no Proxecto Faro da Escola e hoxe queremos deixarvos un cachiño dos nosos comezos como xornalistas.
Despois de ler o libro Avións de papel, de Xavier Estévez; recibimos a noticia de que poderiamos entrevistalo. Así que, puxémonos mans a obra e preparamos unha boa entrevista e, por suposto, un agasallo para o escritor.
Sen dúbida algunha, este libro fíxonos sentir e tiñamos claro que debiamos mostrarllo a Xavier; polo que empregamos todos os nosos esforzos en facer unha réplica do seu libro, poñéndolle como título, “Emocionario de Avións de papel”.
Neste exemplar, puidemos contarlle en primeira persoa e sen máis intermediarios que o papel e o lapis, as emocións que este libro nos fixo sentir.
Desexamos que vos guste o noso traballo e dende aquí, moitas grazas por todo Xavier.















