Entrevista a…
Personalidades como: O xornalista Xabier Fortes, Pablo Dapena campión de España en triatlon , Ana Pastor presidenta do congreso dos deputados, fisioterapeutas do Teucro, xogadores de balonmán, Jacobo Buceta e Paula Montes xornalistas ou o director do cole,…. Foron entrevistados polo noso alumnado. Todo un pracer e satisfacción contar coa vosa presenza. Grazas!
23 de abril día internacional do libro
Sen vós non sería posible… Grazas voluntari@s!
Salón do libro
Encantados de compartir con vos, o marabilloso traballo que os nenos e nenas de 2º de primaria fixeron cos seus compañeiros da ESO para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra deste ano. Dende a biblioteca do cole, presentamos con moito agarimo os nosos libros que comparten o tema do salón: “mulleres de conto”.
Día Mundial da Poesía
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. No Sagrado non quixemos deixar pasar este día sen por o noso gran de area, recordando a nosa Rosalía de Castro.
Contos nas orellas
CONTACONTOS NA BIBLIO
O martes disfrutamos na nosa biblio dun contacontos da man de Raquel Queizás. Deixámosvos unha mostra de canto o disfrutamos.
Namórate!
Esta semana celebramos no cole o Namórate! Unha actividade na que os/as rapaces/as tiñan a oportunidade de ter unha «cita a cegas» cun libro.
Xurdiría o amor?
Visita de Ana Alcolea
Os alumnos e alumnas de 1ºESO viviron unha oportunidade única ao compartiren uns instres do seu tempo con nada máis e nada menos que Ana Alcolea, autora de “El retrato de Carlota”. Non todos os días podemos coñecer en persoa á autora dun libro que lemos no Cole e aínda por riba que sexa tan agradable e divertida.
Ana Alcolea asinou os libros que xe leramos no primeiro trimestre en Lingua Castelá e nós, a cambio, démoslle un libro de dedicatorias e agradecementos escrito, decorado e encadernado entre os tres 1ºESO.
Que mellor modo de fomentar a lectura que poder falar directamente e persoalmente coa autora dunha obra! Agora… continuamos coas lecturas máis animados e motivados aínda!