Día de Rosalía. 24 febreiro
ESPAZO FEDELLEIRO
Cita a cegas…
E así foi a nosa cita a cegas… Todo un éxito!!
Quen sabe, se cadra xurdiu o amor a primeira páxina.
Cita a cegas cun libro
LEOTOLDA
A semana pasada, a nosa mascota Saíto preparounos unha sorpresa a todo o alumnado de 5º de infantil na biblioteca da escola. Alí esperábanos un conto que se titulaba “LEOTOLDA” cuxos protagonistas percorren diferentes lugares en busca da súa amiga, que é moi viaxeira. Aínda que non tiveron éxito, todos coñecían a Leotolda, e ao longo da viaxe déronnos pistas de cómo era ela: alegre, grande, redonda, de moitas cores, cantaba mal e sempre dicía o que pensaba. En base a esto ,e dando renda solta á nosa imaxinación e creatividade, conseguimos debuxar a Leotolda e así poder axudar a TITO, CATALINA e KASPER. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que poidades ver qué ben o pasamos e qué ben nos quedou Leotolda.






















