Pásao de medo!!!


Atréveste? ….Tes medo?…. Es valente?….
PARTICIPA NESTE CONCURSO DE RELATOS TENEBROSOS!!!
Consulta aquí as bases…https://ofervedoiro.blogspot.com/p/co-gallo-da-celebracion-do-samain-o.html

O día 24 de outubro é a data na que se conmemora o día das bibliotecas e desde o equipo de biblioteca do Sagrado queriamos festexar este día polo alto polo que dende mañá todo o alumnado do cole disporá xa do seu carné da biblioteca co cal poderán levar emprestados os libros.
Ademais, creamos un vídeo coas normas xerais da biblio e algunha información para axudaros a orientaros dentro dela (saber como se organizan os libros, o uso dos ordenadores e xogos,…). Aquí o tendes:

BE-Sagrado

BENVIDOS Ao NOVO CURSO 2019-2020…. A BIBLIOTECA ESTÁ A piques de ABRIR As súas PORTAS NOVAMENTE.
BUSCAMOS VOLUNTARIOS/AS Aos QUE LLES GUSTE COLABORAR CONNOSCO.
ENCHE O teu FORMULARIO E EMPECEMOS XUNTOS!!!



Despedímonos ata o ano que ven cos últimos experimentos que realizou o alumnado do noso colexio na biblioteca.
Apertas!!!
O alumnado de 6º adica unha sesión para atopar os gazapos literarios entre Matilda na súa versión literaria e a súa versión cinematográfica.
Un especial agradecemento aos voluntarios e voluntarias que nos axudan na biblioteca con moitas ganas…👏👏👏






