Día da non violencia e a PAZ

E así os nosos clubs de lectura…Lanzándose ás aventuras….
Debido ao mes da ciencia, lanzamos unha nova actividade na que convidamos a participar a todo o alumnado e ás familias.
Trátase dun RETO STEAM, que se define como unha aprendizaxe baseada no ensino das disciplinas da ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte, matemáticas…. de maneira integrada.
Neste caso o reto consiste en facer unha torre o máis alta posible empregando plastilina e escarvadentes. As maquetas entregaranse na biblioteca do cole.
Tedes de prazo ata o 9 de decembro para presentar as posibles solucións.
Moita sorte!!!
Outro ano máis a nosa biblioteca abre as súas portas. Estabamos desexándolo, tiñamos moitas ganas de comezar novas aventuras, da man de personaxes como Harry Potter, Carapuchiña, Kikka super bruxa, Os futbolísimos…
Todo está listo, incluso os/as voluntarios/as. Estes son algúns dos compañeiros/as que poderán axudarvos na biblioteca se precisades axuda. Non dubidedes en acudir xunto eles, atenderán as vosas preguntas, sempre cun sorriso.
Mirade que felices na foto o día que os nomeamos voluntarios.
Esperamos a vosa visita!
Atréveste? ….Tes medo?…. Es valente?….
PARTICIPA NESTE CONCURSO DE RELATOS TENEBROSOS!!!
Consulta aquí as bases…https://ofervedoiro.blogspot.com/p/co-gallo-da-celebracion-do-samain-o.html
O día 24 de outubro é a data na que se conmemora o día das bibliotecas e desde o equipo de biblioteca do Sagrado queriamos festexar este día polo alto polo que dende mañá todo o alumnado do cole disporá xa do seu carné da biblioteca co cal poderán levar emprestados os libros.
Ademais, creamos un vídeo coas normas xerais da biblio e algunha información para axudaros a orientaros dentro dela (saber como se organizan os libros, o uso dos ordenadores e xogos,…). Aquí o tendes:
BE-Sagrado