Navegando por
Categoría: Uncategorized

24 de outubro: Día da Biblioteca Escolar

24 de outubro: Día da Biblioteca Escolar

Aprezados amigos:

Hoxe foi un día de ledicia para o equipo de biblioteca do noso cole. Desde hai dous anos, comezamos a soñar coa posibilidade de unir as dúas bibliotecas que había no cole para crear unha que puidese acoller a todos aqueles alumnos e alumnas que abrisen a súa porta, independentemente da súa idade ou o seu curso: un lugar de reunión e de conversa, de investigación e de aprendizaxe, de aprender a pensar, de aprender a aprender, de aprender a convivir. Ese día tan agardado chegou hoxe, 24 de outubro, que ademais é unha data especial, pois é o día das bibliotecas escolares.

Foron anos de esforzo, de xuntanzas, de dúbidas…pero tamén de traballo en equipo, de sorrisos e alegrías; todos arrimamos o ombreiro xa que estabamos convencidos de que a finalidade era a mellor posible, para nós e para os nosos nenos.

Saíto voltou ao cole para decirlles aos cativos onde o podían atopar nesta nova etapa: no seu curruncho preferido, a biblioteca, metido entre os libros e os contos, agardando a nosa visita. E así foi, os primeiros visitantes da nosa biblio non podían ser outros que os máis pequenos do cole. Quedaron abraiados atopando os sinais que os conducían á nova biblio e gozaron moito cos contos que lles prepararon as súas mestras.

Aquí vos deixamos una pequena mostra do resultado. Agardamos que vos guste! Vinde axiña facernos unha visita!

Érase unha vez….

Érase unha vez….

Érase unha vez un cole, onde as familias animáronse a adicarlle aos máis cativos un anaquiño do seu tempo para facelos desfrutar dun fermoso conto. Aquí vos deixamos un pequeno recordo con algunhas das familias que participaron desta actividade.

Gracias a todos por participar e inculcarlle aos pequenos o gusto pola lectura.

 

LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das distintas actividades que levamos a cabo para celebrar o día das Letras Galegas.

Unha simpática representación teatral da obra de Carlos Casares: A laranxa máis laranxa de todas as laranxas, polos alumnos de 1º de primaria.

Un kamishibai da Galiña Azul e un taller de marcapáxinas.

Os alumnos de infantil recitamos o poema Caracol de Manuel María a alumnos de Bacharelato… Moito lles gustou!!!

 

Benvidos/as!

Benvidos/as!

Benvidos/as a este novo pequeno recuncho da Biblioteca Escolar do CPS Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra!

Pouco a pouco iremos actualizando este espazo con actividades, novas da biblioteca, recomendacións literarias e un montón de cousas máis.  Así que…non esquezades pasar por aquí de vez en cando.

Un saúdo!