Navegando por
Categoría: Uncategorized

ESCAPE ROOM BE-SAGRADO

ESCAPE ROOM BE-SAGRADO

A biblioteca do colexio transformouse nun emocionante Escape Room, un espazo cheo de probas, claves agochadas e retos por resolver. O alumnado tivo que poñer a proba a súa lóxica, traballar en equipo e empregar a creatividade para descubrir pistas e superar cada desafío. Foi unha experiencia diferente e divertida que fixo da nosa biblioteca un lugar de aventura e aprendizaxe.

MES DA CIENCIA

MES DA CIENCIA

Experimentos

Durante o mes da ciencia, a biblioteca do colexio converteuse nun pequeno laboratorio cheo de curiosidade e descubrimentos. Ao longo destas xornadas de experimentos, o alumnado puido investigar, observar e aprender de maneira práctica, participando en actividades deseñadas para espertar o pensamento científico e o gusto pola indagación. Foi unha oportunidade perfecta para achegar a ciencia ao día a día da escola dun xeito entretido e enriquecedor.

CONTACONTOS

CONTACONTOS

Na biblioteca do colexio celebramos unha actividade especial con motivo do Samáin. A profe Valeria, coa súa maxia de contacontos, encheu o espazo de historias misteriosas e cheas de imaxinación. Foi unha xornada na que o alumnado puido gozar da lectura, da fantasía e do espírito desta festividade tan nosa.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

II Concurso de Debuxo BE-SAGRADO

Con motivo da celebración do «DÍA DAS BIBLIOTECAS» o próximo 24 de outubro, queremos convocar o II CONCURSO DE DEBUXO BESAGRADO.

Todos os alumnos e alumnas que desexen participar, terán que elaborar un cartel, co formato enviado ao correo da plataforma, cuxo tema estea relacionado coa nosa biblioteca escolar.

Non vos esquezades de participar e moita sorte a todos!

I Concurso de Debuxo BeSagrado «BIBLIOTECAS ESCOLARES»

I Concurso de Debuxo BeSagrado «BIBLIOTECAS ESCOLARES»

Con motivo da celebración do «DÍA DAS BIBLIOTECAS» o próximo 24 de outubro, queremos convocar o I CONCURSO DE DEBUXO BESAGRADO.

Todos os alumnos e alumnas que desexen participar, terán que elaborar un cartel, co formato enviado ao correo da plataforma, cuxo tema estea relacionado coa nosa biblioteca escolar.

Non vos esquezades de participar e moita sorte a todos!

ESTAMOS DE VOLTA!

ESTAMOS DE VOLTA!

Abrir a porta da biblioteca, é como abrir a portada dun libro. Só cousas boas poden suceder.

Este mércores, 2 de outubro, nosa biblio abriu as súas portas para dar comezo un novo curso. Un curso que nos convida a soñar.
«Fai da túa vida un soño e do teu soño unha realidade«.

Sabedes de que libro sae esta frase?

Feliz curso a todos!

«Fai da túa vida un soño e do teu soño unha realidade«.