Mes da poesía
Co gallo do mes da poesía , as nenas e os nenos do club de poesía de terceiro andiveron lendo o libro de Antonio García Teijeiro «Chove nos versos» e mirade que cousa máis bonita nos prepararon:
Benvidos/as!
Outro ano máis a nosa biblioteca abre as súas portas. Estabamos desexándolo, tiñamos moitas ganas de comezar novas aventuras, da man de personaxes como Harry Potter, Carapuchiña, Kikka super bruxa, Os futbolísimos…
Todo está listo, incluso os/as voluntarios/as. Estes son algúns dos compañeiros/as que poderán axudarvos na biblioteca se precisades axuda. Non dubidedes en acudir xunto eles, atenderán as vosas preguntas, sempre cun sorriso.
Mirade que felices na foto o día que os nomeamos voluntarios.
Esperamos a vosa visita!
Día das bibliotecas!
O día 24 de outubro é a data na que se conmemora o día das bibliotecas e desde o equipo de biblioteca do Sagrado queriamos festexar este día polo alto polo que dende mañá todo o alumnado do cole disporá xa do seu carné da biblioteca co cal poderán levar emprestados os libros.
Ademais, creamos un vídeo coas normas xerais da biblio e algunha información para axudaros a orientaros dentro dela (saber como se organizan os libros, o uso dos ordenadores e xogos,…). Aquí o tendes:

Espazo Fedelleiro
Despedímonos ata o ano que ven cos últimos experimentos que realizou o alumnado do noso colexio na biblioteca.
Apertas!!!
Matilda
O alumnado de 6º adica unha sesión para atopar os gazapos literarios entre Matilda na súa versión literaria e a súa versión cinematográfica.
Espazo Fedelleiro
Continuamos investigando e facendo experimentos moi interesantes e divertidos.
Espazo fedelleiro
Así investigamos na nosa biblioteca para realizar diferentes e divertidos experimentos. Tamén nos gusta moito a robótica educativa con Beebot.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que facemos.



Espazo fedelleiro
Na nosa biblio tamén intentamos facer slime con diferentes ingredientes.

Día do libro
Os alumnos e alumnas cóntannos a súa opinión sobre os libros que máis lles gustan.
