Concurso de fotografía
Concurso Relatos de medo
O Samaín está a volta da esquina e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xa lanzou o Concurso de RELATOS DE MEDO. Non dubides en participar!
DÍA DO LIBRO
FELIZ DÍA DO LIBRO!! AGARDAMOS QUE HOXE, MÁIS QUE NUNCA OS LIBROS TEÑAN PRESENZA NO VOSO DÍA!
AQUÍ DEIXÁMOSVOS O VÍDEO COAS FOTOS QUE COMPARTISTES CONNOSCO. MOITAS GRAZAS POR ANIMARVOS
Clubs de lectura
Hoxe queremos mostrarvos algún dos grupos que participan nos clubs de lectura. Pásano xenial!
Ademais, fai un par de semanas contamos coa presenza da escritora Ledicia Costas, un dos seus libros lese no club de lectura da E. S.O.
Un libro é un agasallo que podes abrir unha e outra vez. Garrison Keillor
Día da Poesía
Hoxe, 21 de marzo, é o Día Mundial da Poesía e queremos poñervos a proba co seguinte xogo. Seredes capaces de acertar todas as preguntas?
Día internacional da muller
Día de Rosalía
Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento.
A continuación, podedes ver algúns traballos sobre a poetisa galega, realizados polos nenos e nenas de infantil, a planta dos pensamentos era a súa preferida. #SementadePensamentos
«Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino». Rosalía de Castro
Concurso «Día de Rosalía»

Xa podedes participar no concurso proposto polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, para celebrar o día de Rosalía.























