Navegando por
Autor: BibliotecaSagrado2

NON! só cabe unha resposta

NON! só cabe unha resposta

Foi unha semana intensa de actos, traballos, lecturas,… para lembrar que o 25N debía ser unha data para non celebrar. Oxalá chegue ese día no que as mulleres poidan vivir en paz, en liberdade e con alegría.

«PODRÁS ROMPERME TODO PERO NO LA VOZ», foi o lema elexido por dúas rapazas do noso cole para participar nun concurso de debuxo no que resultaron gañadoras.

Noraboa Sabela e Antía!

 

Compostaxe no cole

Compostaxe no cole

@s nen@s de 6º de infantil recibimos unha encarga moi importante: ensinar a compostar aos maiores de 6º de primaria.

Así que coa axuda dos libros da biblioteca e da nosa experiencia coa horta escolar, preparamos un vídeo que lles presentamos nas súas clases para que aprendesen o proceso.

Aquí deixámosvos o resultado.

Día das bibliotecas escolares

Día das bibliotecas escolares

Queridos/as amigos/as da biblioteca do Sagrado:

Hoxe 24 de outubro é unha data moi especial para nós por dobre motivo.

Por un lado celebramos o día das bibliotecas escolares, para poñer en valor o papel fundamental e imprescindible que xogan estes espazos nos centros educativos; e por outro lado este é o noso primeiro aniversario.

Hai un ano que comezamos esta aventura e queremos agradecer a toda a comunidade educativa o seu apoio: á dirección do centro, aos voluntari@s que nos  prestan tanta axuda, ao profesorado, aos pais e nais e por suposto a todos os nen@s e moz@s que con tanto agarimo veñen á nosa biblioteca.

Por iso, hoxe cando vos acheguedes á biblioteca, recibiredes un pequeno agasallo.

Aquí vos deixamos un resumo do traballo feito durante este ano.

MOITAS GRAZAS!