Booktubers
Hoxe queremos deixarvos unha pequena entrada dos nosos booktubers.
Esperamos que vos gusten as súas recomendacións lectoras.
Hoxe queremos deixarvos unha pequena entrada dos nosos booktubers.
Esperamos que vos gusten as súas recomendacións lectoras.
Ninguén pon en dúbida os beneficios da poesía: estimula a imaxinación, exercita a memoria, traballa a sensibilidade, activa a creatividade, aumenta vocabulario, mellora a expresión oral e transmite valores, entre outras moitas cousas…Quen dixo que a poesía non é para nen@s?
Hoxe 8 de marzo reivindícase o papel da muller traballadora dentro da sociedade, nós querémolo conmemorar con este conto de Raquel Díaz Reguera, YO VOY CONMIGO.
O pasado día 24 celebramos o día de Rosalía de Castro, día do seu nacemento. Para conmemorala os nenos/as de Primaria recitaron un dos seus poemas.
Aquí vos deixamos un videoconto para conmemorar o día da Paz e Non Violencia
Dende a biblioteca querémosvos agasallar con este conto dos TRES REIS DE ORIENTE para dexesarvos un moi BO NADAL!!
Novembro foi o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Como bos fedelleiros que somos, quixemos aproveitar o noso compañeiro de este ano (COVID) e que nos están a recordar todo o día que temos que lavar as mans tantas veces, para facer un pequeno experimento e investigar un poco que era iso dos virus e por que temos que lavar tanto as mans e ser tan coidadosos.
Por iso, plantexamos un pequeno experimento chamado o Pan Mutante. Deixámosvos o vídeo para que vexades en que consiste.
Unha vez que vimos o vídeo puxémonos mans á obra para poder levar a cabo a nosa investigación científica.
Agora só nos queda agardar para ver os resultados.
Estámoste agardando!! Queremos compartir contigo moitas aventuras a través de grandes historias. Se queres saber máis escribe ó correo da biblio Besagrado@sagradopontevedra.org. Non dubides en preguntarnos!!
Hoxe gustaríanos contarvos un pequeno conto sobre o importante que é aceptarnos tal como somos e aceptar ós demáis. Dende a biblio dicimos NON a todo tipo de violencia.
#BiblitoecasSTOPViolencia
Estamos a buscar rapaces e rapazas que queiran disfrutar de novas aventuras a través dos libros.
Deixámosvos un vídeo con algunha foto do ben que o pasaron o ano pasado os nenos e nenas que participaron no CLUB LECTOR.
Animádevos a descubrir novos autores e novas historias.