CARNÉ DO PEREGRINO LECTOR
Toda historia ten un comezo, pois o deste carné está relacionado coa celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, o pasado domingo 24 de outubro. Para conmemorar esta data tan importante para o noso equipo, ocorréusenos a idea do Carné do Peregrino Lector, son 10 libros os que tedes que ler (simulando as etapas do Camiño de Santiago), sempre de maneira voluntaria, para acadar un agasallo.
Seguro que xa tendes nas vosas mans o carné do Peregrino Lector, e se non é así, non vos esquezades escribir unha mensaxe pedindo un exemplar no seguinte correo electrónico: besagrado@sagradopontevedra.org
Moitas grazas pola vosa acollida e lembra visitar o recuncho da biblioteca para coñecer as novas.