Navegando por
Etiqueta: Avións de papel

VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ

VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ

Queridos/as amigos/as, hoxe traemos boas novas ao blog.

Como moitos xa sabedes, os alumnos de quinto de primaria estamos embarcados no Proxecto Faro da Escola e hoxe queremos deixarvos un cachiño dos nosos comezos como xornalistas.

Despois de ler o libro Avións de papel, de Xavier Estévez; recibimos a noticia de que poderiamos entrevistalo. Así que, puxémonos mans a obra e preparamos unha boa entrevista e, por suposto, un agasallo para o escritor.

Sen dúbida algunha, este libro fíxonos sentir e tiñamos claro que debiamos mostrarllo a Xavier; polo que empregamos todos os nosos esforzos en facer unha réplica do seu libro, poñéndolle como título, “Emocionario de Avións de papel”.

Neste exemplar, puidemos contarlle en primeira persoa e sen máis intermediarios que o papel e o lapis, as emocións que este libro nos fixo sentir.

Desexamos que vos guste o noso traballo e dende aquí, moitas grazas por todo Xavier.